Iago Fraga


Experto en produtividade persoal e organización.
Formador, consultor e conferenciante.

Galego   Castellano   English   Français

¿Quen son?


O lado emprendedor


O meu proxecto principal chámase Técnicas de Organización, un dos blogues máis importantes na actualidade en castelán sobre produtividade persoal e organización.

Son experto nestas mesmas áreas e, malia traballar con GTD e outras ferramentas de produtividade moi coñecidas, as miñas verdadeiras especialidades son a definición de obxectivos, a xestión da información e o deseño/adaptación de métodos de produtividade para cada contexto e persoa.

En decembro de 2014 publiquei A revolución produtiva (en castelán) coa fin de axudar a aquelas persoas que precisan monta-lo seu propio método de produtividade.

Non dubides en ver máis detalles e conectar comigo en LinkedIn.

A nível persoal


Enxeñeiro de Telecomunicacións de formación (INSA de Lyon, Francia), traballei principalmente en seguridade informática e para a banca na miña etapa por conta allea. No 2016 decidinme a da-lo salto para adicarme por completo á produtividade persoal.

Actualmente vivo en Francia, encántanme os desafíos e teño intereses moi diversos que van dende a psicoloxía comportamental e as diferencias interculturais ata o teatro. Por iso, mesmo se teño mentalidade de enxeñeiro (matemático e cadrado), gústame máis resolve-los problemas observando, comprendendo o contexto e desbloqueando que a base de ferramentas de produtividade todoterreo.

Algúns dos libros que máis teñen influenciado o meu traballo son Nudge, The tipping point e Influence.

Contactar comigo